5 receitas de patacas con peixe moi fáciles de preparar

Recetas de patatas con pescado.

Encántanos preparar receitas de patacas con peixe. Parécenos que encaixan á perfección, que dan moito xogo. Xa sexa con guisos ou con pratos preparados ao forno, se falamos de guarnicións para peixe… é igual, o resultado será fantástico. Neste artigo imos ver 5 receitas que nos encantan especialmente.

Receita de patacas con bacallao

Unha receita clásica e que podemos atopar no libro de Cocina Gallega de Álvaro Cunqueiro é o de bacalao con leite. Imos ver como se prepara segundo a receita recompilada polo mestre.

Ingredientes

  • 1 k de bacallao
  • Medio kg de patacas
  • 1/4 de litro de leite
  • 2 culleradas de pirixel picado
  • 2 culleradas de cebolas picadas
  • Pimenta
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Auga

Modo de preparación

  1. Importante desalar o bacallao. Un primeiro lavado na billa e despois deixalo a remollo. O tempo varía en función do tamaño da peza. Se é moi grande podemos falar de 2 días. Se está ben fileteado ou en migas, un baño dun par de horas será suficiente.
  2. Troceamos o bacallao desalado nun cazo con auga fría e deixamos que se coza ata que a auga rompa a ferver. Neste momento baixamos o lume ao mínimo e deixamos o bacallao ao lume lento durante 5 minutos.
  3. Escorremos a auga e secamos o bacallao.
  4. Rebozamos o bacallao en fariña e fritímolo no aceite de oliva durante 20 minutos máis ou menos.
  5. Pelamos as patacas, cortámolas en toradas finas e fretímolas. Sabes como fritir patacas segundo a nosa receita?
  6. Nun cazo colocamos unha capa de bacallao e outra de patacas. Espolvoreamos pimenta, pirixel picado e fariña.
  7. A continuación colocamos outra capa de bacalao, outra capa de patacas fritidas e repetimos o espolvoreado de pimenta, pirixel e fariña.
  8. Doramos a cebola previamente picada no aceite sobrante de fritir o peixe. A continuación vertémolo polo guiso.
  9. Colocamos a preparación do lume e cando estea morno imos engadindo leite quente e auga da cocción do bacalao.
  10. Deixamos en lume lento durante uns 30 minutos.
  11. Despois queda servir e gozar do plato.

Receita de guiso de salmón con patacas

A segunda das receitas de peixe con patacas ten o salmón como un dos ingredientes principais. Atrevémonos cun guiso?

Ingredientes

  • Medio quilo de salmón
  • Patacas
  • Cebolas
  • Porro
  • Cenoura
  • Pimento verde
  • Sal
  • Pirixel
  • 2 dentes de allo
  • Viño branco
  • Aceite de oliva virxe

Modo de preparación

  1. Lavamos e pelamos as patacas. Escachámolas e reservamos.
  2. Turno para limpar o salmón. Quitamoslle a pel e as espiñas. Feito isto, cortámolo en cadradiños. Botamos sal e pimenta e reservamos.
  3. Prepara un caldo coa pel, allo, cebola, porro e cenoura. Un cuarto de hora será suficiente. Debes coar o contido.
  4. Picamos cebola, allo e pimento verde moi finos e facemos un rustido. Engadimos as patacas cando vexamos que se pocharon ben. Despois refogamos uns minutos. A continuación engadimos un pouco de viño branco e seguimos cocendo ata que o alcol se evapore.
  5. É o momento para engadir o caldo. Seguimos coa preparación no lume ata que as patacas estean ben feitas.
  6. Unha vez lista a preparación, engadimos os taquiños de salmón e deixamos que se misturen ben co guiso durante uns minutos.

Receita de merluza ao forno con patacas

A merluza é un dos peixes que máis ofrece e que máis gusta á xente. Imos ver como preparar unha receita de merluza ao forno con patacas.

Ingredientes

  • 1 merluza (1 kg máis ou menos)
  • Manteiga
  • 4-5 patacas grandes
  • Tomiño e romero
  • Medio vaso de viño branco
  • Sal
  • Pimenta

Modo de preparación

  1. Empezamos polas patacas. Lavámolas ben, cortámolas en toradas ben finas e colocámolas de maneira ordeada sobre un recipiente para o forno, previamente untado con manteiga.
  2. Imos coa merluza. Lavámola e limpámola ben. A continuación botámoslle sal e pimenta.
  3. Colocamos a merluza sobre as patacas.
  4. Rociamos co viño. Espolvoreamos o tomiño e o romero por enriba. Podes engadir máis ingredientes como o orégano, se queres.
  5. Metemos ao forno durante máis ou menos media hora.
  6. Deixamos repousar un anaquiño fora do forno e xa podemos servir.

Estamos seguros de que vos encantará Nós xa a probamos e asegurámosvos que vos vai encantar. Estamos preparando outro artigo no que vos contaremos como preparar merluza á galega.

Receita de ollomol ao forno

Seguimos con máis receitas de patacas con peixe. Recuperamos a referencia do libro de Cocina Gallega e aventurámonos a preparar unha receita de ollomol ao forno con imentos. Atrevémonos?

Ingredientes

  • Ollomol de 1 kg
  • Unha cebola picada
  • Pimento verde picado
  • Tomate
  • Tres dentes de allo
  • Catro patacas
  • Vaso de aceite de oliva
  • Vaso de viño branco
  • Tres culleradas de pan rallado
  • Unha cullerada de pirixel picado
  • Sal

Modo de preparación

  1. O primeiro paso consiste en limpar ben o ollomol. A continuación escamámolo.
  2. Collemos unha sartén e preparamos un rustido con cebola picada moi fina, pimento, tomate, allo e as patacas cortadas en toradas moi finas.
  3. Dámoslle varias voltas á preparación ata que se faga un pouco.
  4. Colocamos o rustido nun recipiente de barro e engadimos enriba o ollomol.
  5. Salamos e botamos un bo chorro de aceite de oliva. O seguinte paso é metelo no forno.
  6. Agardamos dez minutos e rociamos a preparación co viño branco. Cando vexamos que está case feito, máis ou menos despois de media hora, espolvoreamos o pan rallado e o pirixel picado. Deixamos que se dore enriba un anaquiño.
  7. Cando rematar de fornearse tan só temos que sacalo e servir.

Receita de robaliza ao forno con patatas

A verdade é que a combinación peixe ao forno con patacas sempre é sinónimo de éxito. Vexamos como preparar unha rica receita de robaliza ao forno con patacas. última (de momento) das nosas receitas de patacas con peixe.

Ingredientes

  • Robaliza (1 kg máis ou menos)
  • Patacas
  • Manteiga
  • Aceite de oliva virxe
  • Dous dentes de allo
  • Viño branco
  • Sal

Modo de preparación

  1. Comezamos lavando as patacas, pelámolas, cortámolas en toradas finas.
  2. Untamos un recipiente para o forno con manteiga e con aceite de oliva virxe. Colocamos as patacas de maneira ordeada.
  3. Limpamos a robaliza e salamos.
  4. Colocamos a robaliza enriba das patacas. Botámoslle allo e pirixel picados enriba.
  5. Quentamos o forno a uns 120º. Unha vez estea quente metemos o recipiente coa robaliza. Agardamos uns 20 minutos e viramos a robaliza para que se faga polos dous lados. Bótalle un chorriño de viño branco.
  6. Agarda que se faga uns 10-15 minutos máis.
  7. Pasado este tempo sacamos do forno e servimos.

Guiso de merluza con patatas

Un bo guiso é un bo guiso. Ademais é un prato que nos servirá para máis dun día. Os guisos resolven o día a día, son moi nutritivos e ademais, se se fan con peixe e patacas, teñen un sabor delicioso. A seguinte receita, un guiso de merluza con patacas, realízase tal e como che contamos a continuación.

Ingredientes

  • 10 anacos de merluza
  • 2 patacas para cocer
  • Cebola
  • Allo
  • Pirixel
  • 4 tomates
  • 300 ml. de auga
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pimentón

Modo de preparación

  1. Cortamos a cebola e o allo e botámolos nunha pota con aceite de oliva virxe extra xa quente.
  2. Dez minutos é o que necesitamos para pochar a mestura.
  3. Pelamos e escachamos as patacas en cadrados pequenos. Engadímolas á pota. Lembra que escachar é facer cortes non limpos, rompendo a pataca xusto ao final de corte para que solte o amidón.
  4. Deixamos todo no lume e removemos de cando en vez. Logo retiramos do lume e engadimos o pemento removendo moi ben para que se mesturen os ingredientes. Unha vez feito isto, volvemos colocar a pota no lume.
  5. Relamos os tomates e incorporámolos. Tamén o perexil.
  6. Seguimos removendo e cociñando durante polo menos dez minutos máis. Debemos ser coidadosos co lume para que non se nos queime.
  7. Chega o momento de incorporar a auga, cociñando a lume medio unha vez a auga rompa a ferver.
  8. Este proceso durará máis ou menos un cuarto de hora. Lembra tapar a pota.
  9. Engadimos a pescada de tal maneira que os anacos non se superpoñan. Todos deben estar recostados totalmente sobre a cama de verduras. Cociñamos durante uns 5 minutos máis, apagamos o lume e logo deixamos outros 5 minutos de repouso coa pota tapada.
  10. Pasado este tempo xa podemos servir.

Como ves son moitas as receitas de patacas con peixe dispoñibles no receitario galego e español. Seguiremos ampliando con máis receitas. Síguenos.