Encántanos preparar receitas de patacas con peixe. Parécenos que encaixan á perfección, que dan moito xogo. Xa sexa con guisos ou con pratos preparados ao forno, se falamos de guarnicións para peixe… é igual, o resultado será fantástico. Neste artigo imos ver 5 receitas que nos encantan especialmente.
Receita de patacas con bacallao
Unha receita clásica e que podemos atopar no libro de Cocina Gallega de Álvaro Cunqueiro é o de bacalao con leite. Imos ver como se prepara segundo a receita recompilada polo mestre.
Ingredientes
- 1 k de bacallao
- Medio kg de patacas
- 1/4 de litro de leite
- 2 culleradas de pirixel picado
- 2 culleradas de cebolas picadas
- Pimenta
- Aceite de oliva virxe extra
- Auga
Modo de preparación
- Importante desalar o bacallao. Un primeiro lavado na billa e despois deixalo a remollo. O tempo varía en función do tamaño da peza. Se é moi grande podemos falar de 2 días. Se está ben fileteado ou en migas, un baño dun par de horas será suficiente.
- Troceamos o bacallao desalado nun cazo con auga fría e deixamos que se coza ata que a auga rompa a ferver. Neste momento baixamos o lume ao mínimo e deixamos o bacallao ao lume lento durante 5 minutos.
- Escorremos a auga e secamos o bacallao.
- Rebozamos o bacallao en fariña e fritímolo no aceite de oliva durante 20 minutos máis ou menos.
- Pelamos as patacas, cortámolas en toradas finas e fretímolas. Sabes como fritir patacas segundo a nosa receita?
- Nun cazo colocamos unha capa de bacallao e outra de patacas. Espolvoreamos pimenta, pirixel picado e fariña.
- A continuación colocamos outra capa de bacalao, outra capa de patacas fritidas e repetimos o espolvoreado de pimenta, pirixel e fariña.
- Doramos a cebola previamente picada no aceite sobrante de fritir o peixe. A continuación vertémolo polo guiso.
- Colocamos a preparación do lume e cando estea morno imos engadindo leite quente e auga da cocción do bacalao.
- Deixamos en lume lento durante uns 30 minutos.
- Despois queda servir e gozar do plato.
Receita de guiso de salmón con patacas
A segunda das receitas de peixe con patacas ten o salmón como un dos ingredientes principais. Atrevémonos cun guiso?
Ingredientes
- Medio quilo de salmón
- Patacas
- Cebolas
- Porro
- Cenoura
- Pimento verde
- Sal
- Pirixel
- 2 dentes de allo
- Viño branco
- Aceite de oliva virxe
Modo de preparación
- Lavamos e pelamos as patacas. Escachámolas e reservamos.
- Turno para limpar o salmón. Quitamoslle a pel e as espiñas. Feito isto, cortámolo en cadradiños. Botamos sal e pimenta e reservamos.
- Prepara un caldo coa pel, allo, cebola, porro e cenoura. Un cuarto de hora será suficiente. Debes coar o contido.
- Picamos cebola, allo e pimento verde moi finos e facemos un rustido. Engadimos as patacas cando vexamos que se pocharon ben. Despois refogamos uns minutos. A continuación engadimos un pouco de viño branco e seguimos cocendo ata que o alcol se evapore.
- É o momento para engadir o caldo. Seguimos coa preparación no lume ata que as patacas estean ben feitas.
- Unha vez lista a preparación, engadimos os taquiños de salmón e deixamos que se misturen ben co guiso durante uns minutos.
Receita de merluza ao forno con patacas
A merluza é un dos peixes que máis ofrece e que máis gusta á xente. Imos ver como preparar unha receita de merluza ao forno con patacas.
Ingredientes
- 1 merluza (1 kg máis ou menos)
- Manteiga
- 4-5 patacas grandes
- Tomiño e romero
- Medio vaso de viño branco
- Sal
- Pimenta
Modo de preparación
- Empezamos polas patacas. Lavámolas ben, cortámolas en toradas ben finas e colocámolas de maneira ordeada sobre un recipiente para o forno, previamente untado con manteiga.
- Imos coa merluza. Lavámola e limpámola ben. A continuación botámoslle sal e pimenta.
- Colocamos a merluza sobre as patacas.
- Rociamos co viño. Espolvoreamos o tomiño e o romero por enriba. Podes engadir máis ingredientes como o orégano, se queres.
- Metemos ao forno durante máis ou menos media hora.
- Deixamos repousar un anaquiño fora do forno e xa podemos servir.
Estamos seguros de que vos encantará Nós xa a probamos e asegurámosvos que vos vai encantar. Estamos preparando outro artigo no que vos contaremos como preparar merluza á galega.
Receita de ollomol ao forno
Seguimos con máis receitas de patacas con peixe. Recuperamos a referencia do libro de Cocina Gallega e aventurámonos a preparar unha receita de ollomol ao forno con imentos. Atrevémonos?
Ingredientes
- Ollomol de 1 kg
- Unha cebola picada
- Pimento verde picado
- Tomate
- Tres dentes de allo
- Catro patacas
- Vaso de aceite de oliva
- Vaso de viño branco
- Tres culleradas de pan rallado
- Unha cullerada de pirixel picado
- Sal
Modo de preparación
- O primeiro paso consiste en limpar ben o ollomol. A continuación escamámolo.
- Collemos unha sartén e preparamos un rustido con cebola picada moi fina, pimento, tomate, allo e as patacas cortadas en toradas moi finas.
- Dámoslle varias voltas á preparación ata que se faga un pouco.
- Colocamos o rustido nun recipiente de barro e engadimos enriba o ollomol.
- Salamos e botamos un bo chorro de aceite de oliva. O seguinte paso é metelo no forno.
- Agardamos dez minutos e rociamos a preparación co viño branco. Cando vexamos que está case feito, máis ou menos despois de media hora, espolvoreamos o pan rallado e o pirixel picado. Deixamos que se dore enriba un anaquiño.
- Cando rematar de fornearse tan só temos que sacalo e servir.
Receita de robaliza ao forno con patatas
A verdade é que a combinación peixe ao forno con patacas sempre é sinónimo de éxito. Vexamos como preparar unha rica receita de robaliza ao forno con patacas. última (de momento) das nosas receitas de patacas con peixe.
Ingredientes
- Robaliza (1 kg máis ou menos)
- Patacas
- Manteiga
- Aceite de oliva virxe
- Dous dentes de allo
- Viño branco
- Sal
Modo de preparación
- Comezamos lavando as patacas, pelámolas, cortámolas en toradas finas.
- Untamos un recipiente para o forno con manteiga e con aceite de oliva virxe. Colocamos as patacas de maneira ordeada.
- Limpamos a robaliza e salamos.
- Colocamos a robaliza enriba das patacas. Botámoslle allo e pirixel picados enriba.
- Quentamos o forno a uns 120º. Unha vez estea quente metemos o recipiente coa robaliza. Agardamos uns 20 minutos e viramos a robaliza para que se faga polos dous lados. Bótalle un chorriño de viño branco.
- Agarda que se faga uns 10-15 minutos máis.
- Pasado este tempo sacamos do forno e servimos.
Guiso de merluza con patatas
Un bo guiso é un bo guiso. Ademais é un prato que nos servirá para máis dun día. Os guisos resolven o día a día, son moi nutritivos e ademais, se se fan con peixe e patacas, teñen un sabor delicioso. A seguinte receita, un guiso de merluza con patacas, realízase tal e como che contamos a continuación.
Ingredientes
- 10 anacos de merluza
- 2 patacas para cocer
- Cebola
- Allo
- Pirixel
- 4 tomates
- 300 ml. de auga
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
- Pimentón
Modo de preparación
- Cortamos a cebola e o allo e botámolos nunha pota con aceite de oliva virxe extra xa quente.
- Dez minutos é o que necesitamos para pochar a mestura.
- Pelamos e escachamos as patacas en cadrados pequenos. Engadímolas á pota. Lembra que escachar é facer cortes non limpos, rompendo a pataca xusto ao final de corte para que solte o amidón.
- Deixamos todo no lume e removemos de cando en vez. Logo retiramos do lume e engadimos o pemento removendo moi ben para que se mesturen os ingredientes. Unha vez feito isto, volvemos colocar a pota no lume.
- Relamos os tomates e incorporámolos. Tamén o perexil.
- Seguimos removendo e cociñando durante polo menos dez minutos máis. Debemos ser coidadosos co lume para que non se nos queime.
- Chega o momento de incorporar a auga, cociñando a lume medio unha vez a auga rompa a ferver.
- Este proceso durará máis ou menos un cuarto de hora. Lembra tapar a pota.
- Engadimos a pescada de tal maneira que os anacos non se superpoñan. Todos deben estar recostados totalmente sobre a cama de verduras. Cociñamos durante uns 5 minutos máis, apagamos o lume e logo deixamos outros 5 minutos de repouso coa pota tapada.
- Pasado este tempo xa podemos servir.
Como ves son moitas as receitas de patacas con peixe dispoñibles no receitario galego e español. Seguiremos ampliando con máis receitas. Síguenos.