Cal é a orixe da pataca?

¿Cuál es el origen de la patata?

Coñeces cal é a orixe da pataca? A pataca é un produto alimenticio de gran consumo en todo o mundo. Forma parte de numerosas receitas e pódense preparar de diferentes formas: fritas, asadas, cocidas. Esta versatilidade culinaria, a súa calidade nutricional e o seu prezo asequible convertérona nun dos produtos estrela da nosa gastronomía. Neste artigo imos responder algunhas preguntas sobre a orixe da pataca, como se fixo popular no mundo, como se cultiva… Preparados?

Orixe da pataca. 5 preguntas chave

Onde naceu a pataca?

As patacas teñen a súa orixe no continente americano. Concretamente nas rexións da cordilleira andina, actuais Perú e Chile. Alí crecían na terra de maneira silvestre. Foron os pobos andinos os que empezaron a cultivala uns 8000 anos antes de Cristo, converténdose en alimento básico para esta xente. Logo expandiuse a outros lugares do continente americano, como Ecuador, México e mesmo zonas do sur dos actuais Estados Unidos.

Cando se introduciu a pataca en Europa?

En 1492 Colón descobre América e comeza o que se denominou a Conquista do Novo Mundo. Coa expansión das conquistas europeas -principalmente por parte das Coroas de Castela e Aragón e Portugal- descóbrense múltiples recursos materiais: ouro, prata… e novos alimentos entre os que destacou a pataca. Segundo fao.org, as primeiras informacións que deixan constancia do cultivo da pataca en Europa datan do ano 1565. Concretamente nas Illas Canarias. Oito anos despois chegaría á península ibérica.

Como se cultiva a pataca?

Estendémosnos máis no cultivo da pataca neste artigo e o certo é que as condicións climáticas e do chan onde se planten xeran algunhas diferenzas. Pero fundamentalmente, o método de cultivo da pataca é o que segue:

  • Abrimos gabias.
  • Abonamos o terreo.
  • Colocamos as patacas para sementar en regos aireados e ben iluminados.
  • Cubrimos as patacas coa terra.
  • A época ideal de sementa é marzo-abril.
  • A época ideal de recollida é agosto-setembro.

Onde se cultiva a pataca en Galicia?

Galicia é unha das grandes zonas produtoras de España, con tres áreas destacadas: Terra Chá, Coristanco e a nosa: A Limia.

Que tipos de patacas hai?

A expansión da pataca propiciou a variación das súas características e a aparición de diferente clases. A continuación listamos algunhas das máis coñecidas con ligazóns a un artigo máis extenso sobre este tema:

Esperamos que aprendeses un pouco máis sobre a orixe da pataca grazas a este artigo. Se queres descubrir máis curiosidades e características das patacas, visita o noso blogue.