As patacas fritas de bolsa son un dos petiscos favoritos de case todo o mundo. Cando saímos a tomar un refresco, as patacas fritas de bolsa son o complemento perfecto. Son saborosas e son crocantes. Que máis se pode pedir? Neste artigo imos responder algunhas das preguntas máis comúns sobre as tamén coñecidas como chips e acabaremos vendo como facer patacas fritas de bolsa. Como sempre, colle papel e lapis e apunta.
Que tipo de patacas para fritir?
A esta pregunta xa respondemos en máis dunha ocasión. A pataca ideal para fritir é a agria. As súas características fana ideais para esta maneira de cociñalas. O seu contido baixo en azucres, a finura da súa pel e a porcentaxe de amidón na súa composición conseguen un resultado óptimo na tixola. Recomendámosche que a próxima vez que compres patacas teñas en conta para que modo de preparación vas destinalas. Lembra: para fritir, pataca agria.
Quen inventou as patacas fritas de bolsa?
Para coñecer a orixe das patacas fritas de bolsa temos que viaxar ao Nova Iork do ano 1853. Alí, un cociñeiro chamado George Crum popularizou a receita de patacas ao estilo francés desde o seu restaurante Moon Lake Lodge’s. Parece ser que o mesmo Thomas Jefferson importaría a receita tras ser embaixador en París.
Cantas calorías ten unha bolsa de patacas fritas?
As patacas fritas de bolsa teñen unha achega calórica alta. Falamos máis ou menos de 520 kcal cada 100 gramos. Se fas un consumo responsable, poderás gozar deste manxar sen ningún problema.
Como facer patacas fritas de bolsa?
Seguro que tes as túas marcas predilectas de patacas fritas de bolsa. Non nos imos a meter aí. Pero o que se imos facer é axudarche a preparar as túas propias patacas fritas de bolsa caseiras. Se segues a nosa receita quedaranche espectaculares. Asegurámoscho.
Ingredientes
- 2 patacas especiais para fritir de Patacas Conde
- Aceite para fritir. Utilizaremos aceite de oliva.
- Sal
Modo de preparación
- Como sempre, o primeiro é lavar e pelar as patacas. Utiliza un pelador ou un coitelo. Verás que no caso da pataca agria a retirada da pel é aínda máis sinxela que noutras variedades.
- É a hora do corte. Aquí está o truco e a graza das patacas fritas tipo bolsa. Temos que conseguir cortar “toros” moi finos de patacas. Se somos habilidosos utilizando un coitelo podemos utilizalo, pero o máis recomendable e máis sinxelo é utilizar unha mandolina. O resultado será moi bo e o esforzo mínimo.
- Botamos abundante sal.
- Nunha tixola fervemos aceite a uns 180º. Ten que estar moi quente para conseguir que se douren ben e se poñan crocantes.
- Bota unha primeira pataca para comprobar a temperatura do aceite. Se é a óptima, bota o resto de patacas con coidado e fríteas durante uns minutos. Debemos ter coidado, ao estar cortadas en toros tan finos fritiranse moi rápido e se non estamos pendentes poden queimarse. Temos que prestarlles atención en todo momento. Non fai falta que botemos demasiadas ao mesmo tempo. Así, faranse máis rápido e evitaremos que se peguen.
- Cando vexamos que xa están listas iremos sacando a un bol con papel de cociña. Isto absorberá o exceso de aceite.
Finalmente só nos quedará servilas e gozalas. Igual que cando imos á nosa terraza favorita, verdade?
Agora que xa sabes como facer patacas fritas de bolsa se cadra pode interesarche descubrir outros modos de preparación das patacas ou receitas con patacas moi variadas e que inclúen peixe, carne ou verduras. O noso libro de receitas é moi completo. Animámosche a botarlle unha ollada.