Como facer polbo con patacas. Á feira e algunha receita máis
18 · 11 · 2019 Receitas Cachelos galegosO polbo é un produto que non pode faltar nun receitario galego. Pero a arte de cociñalo e que quede perfecto non é cousa sinxela. Por iso, hoxe recompilamos as receitas máis famosas deste cefalópodo e ensinámosche como facer polbo con patacas.
Receita de polbo á feira
Un imprescindible para saber como facer polbo con patacas é coñecer unha das receitas que expón Álvaro Cunqueiro no seu receitario de Cociña Galega, a de polbo á feira.
Ingredientes
- Un polbo de 2 kg
- Unha cebola pequena
- Un vaso de aceite de oliva
- Unha cucharada de pementa doce
- Unha cucharada de pementa picante
- Sal groso
Modo de preparación
- Lavar ben o polbo para quitarlle o limo que trae. Mazalo para que abrande.
- Pomos a auga a ferver coa cebola nunha pota. Cando rompa a ferver, introducimos o polbo na pota e levantamos dúas ou tres veces, volvéndoo a meter.
- Deixamos cocer o polbo durante 45 minutos, picando de cando en vez a ver se está brando. Cando estea brando retiramos do lume.
- Cando vaiamos servir, despois de deixalo repousar uns 15 minutos, quitámolo da pota e cortámolo en anacos non moi grosos con tesoiras.
- Sazoamos o polbo con sal e aceite e espolvoreamos a pementa (a cantidade pode variar segundo o picante que se desexe).
Receita de polbo á brasa
Otra sabrosa receta con pulpo es el pulpo a la brasa, ¿cómo lo cocinamos? Te damos las claves.
Ingredientes
- Un polbo de 1 kg aproximadamente
- Medio vaso de zume de limón
- Unha cucharada de pemento
- Aceite de oliva
- Sal
Modo de preparación
- Repetimos o proceso da anterior receita: lavamos ben o polbo e mazámolo para que abrande.
- Pomos a ferver unha pota a lume medio alto con abundante auga. Cando comence a ferver, introducimos o polbo levantándoo dúas veces e deixándoo na pota á terceira. Isto é o que se coñece como “asustar ao polbo”. Deixámolo ferver ata que estea brando.
- Unha vez estea cocido sacámolo da pota para que arrefríe. Cortamos as patas enteiras para asalas á brasa. Tamén podemos facer o mesmo coa cabeza, en anacos grandes.
- Pomos unha prancha cun chorro de aceite de oliva a lume medio alto. Cando estea quente imos pondo as patas enteiras e os anacos de polbo. Asámolo uns minutos, con 4 ou 5 será suficiente para que se doure, e dámoslle a volta para que se faga por ambos os lados.
- Unha vez estea dourado, empratamos e no mesmo prato engadimos sal e pementa ao gusto, e botamos un pouco de zume de limón por encima, ao gusto tamén. Por último, botámoslle tamén un chorro de aceite de oliva e listo.
Receita de polbo á galega con cachelos
Non podía faltar na nosa recompilación de receitas con polbo unha con cachelos, riquísima!
Ingredientes
- Un polbo de 1 kg
- Unas cantas patacas
- Aceite de oliva
- Pementa doce
- Pementa picante
- Sal
Modo de preparación
- Lavamos o polbo e mazámolo para que abrande.
- Pomos nunha pota abundante auga a lume medio alto. Cando rompa a ferver, introducimos o polbo na pota e levantamos dúas ou tres veces, volvéndoo a meter.
- Deixamos cocer o polbo durante pouco máis de media hora e, cando estea brando, retirámolo do lume. Deixámolo repousar uns minutos e pómolo a arrefriar.
- Deixamos a pota coa auga onde cocemos o polbo apartada.
- Pelamos e cortamos as patacas en rodajas, pómolas a ferver na mesma cacerola na que cociñamos o polbo, coa súa mesma auga. Isto daralle sabor e gusto ás patacas.
- Unha vez estea amornado o polbo, cortámolo en anacos cunhas tesoiras. Aderezámolo con sal, pementa picante e aceite de oliva.
- Cando os cachelos estean listos, pómolos nunha fonte e aderezámolos con pementa doce. Por último, engadimos un chorro abundante de aceite de oliva.