Como facer tortilla de patacas e alucinar a todos

Cómo hacer tortilla de patatas y alucinar a todo el mundo

Quizáis sexa un dos pratos estrela de calquera mesa española e seguramente lle dispute á paella a fama internacional dentro da nosa gastronomía. A tortilla de patacas é unha das nosas principais referencias culinarias. Os motivos? Está deliciosa, é relativamente fácil de preparar e os seus ingredientes son accesibles para a gran maioría: patacas e ovos. Neste artigo faremos unha pequena viaxe polas súas orixes, a súa tipoloxía, veremos como facer tortilla de patacas e finalmente estableceremos un pequeno debate: cal é a mellor?

1. Cal é a orixe da tortilla de pataca? 

Seguro que máis dunha vez te preguntaches quen inventou a tortilla de patacas. O científico do CSIC Javier López Linaje ubica a orixe da tortilla española en Villanueva de la Serena (Extremadura) no s. XVIII. Faino no seu libro “La patata en España. Historia y Agroecología del Tubérculo Andino”, a cal referencia documentos de 1798 que nomean a Joseph de Tena Godoy e ao marqués de Robledo como creadores.

Outra das primeiras referencias documentadas que se coñece sobre a tortilla é un escrito dirixido ás Cortes de Navarra do ano 1817. Neste documento sinálase o consumo dos pamplonicas de “dous ou tres ovos en tortilla para cinco ou seis misturando patacas, pan, etc.”. Outras referencias menos contrastadas falan de que o inventor da tortilla foi o xeneral carlista Tomás de Zumalacárregui, quen atopou neste prato unha opción económica coa que alimentar ás súas tropas no sitio de Bilbao.

2. Como preparar tortilla de patacas

Terás visto en máis dunha ocasión na casa como se fai a tortilla de patacas e seguramente teraste fixado no resultado final máis que no proceso. Non te preocupes. Imos ver a receta de tortilla de patacas paso a paso.

Ingredientes para unha tortilla de patacas para dous

  • 3 patacas galegas grandes
  • 6 ovos
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • 1 cebola (opcional)

Preparación

  • Empezamos pelando as patacas e lavándoas. Escorrémolas ben.
  • Como cortar as patacas para a tortilla? Para esta receita cortarémolas en anaquiños semifinos, irregulares e pequenos. Outra opción é facelo en láminas finiñas. Cada opción darache texturas diferentes.
  • Enchemos unha sartén pequena de aceite de oliva virxe extra e cando estea quente botamos as patacas. Deixaremos que se frían durante un anaco (10-15 min.) a lume medio ata que estéan feitas pero sen deixalas douradas ou triscantes.

Con cebola ou sen cebola?

  • Se esta fose unha receita de tortilla de patacas con cebola o que teriamos que facer é picar unha cebola en anacos pequenos e botalos na tixola coas patacas cando estas leven 5 minutos no lume.
  • Mentres se van pasando as patacas, batemos os 5 ovos nun bol grande.
  • Sacamos as patacas, escorrremos ben o aceite e misturámolas co ovo no bol. Botamos sal á mistura e deixamos que repouse durante uns 3 minutos.
  • Mentras, vaciamos a tixola do aceite.
  • Botamos a mistura na tixola, que deberá estar quente e vamos pasándoa a lume medio. Ao principio, faremos ocos no medio cunha culler de pao para que todo o ovo líquido entre en contacto coa tixola.
  • Pasados uns 2-3 minutos darémoslle a volta. Poderás usar un prato plano, unha tapa de tixola máis grande que tixola que estás utilizando ou incluso unha tapa especial para darlle a volta á tortilla. A primeira volta é un momento crucial na preparación. Se realizaches ben todos os pasos anteriores non se che pegará. Devolve a tortilla volteada á sartén para que se faga a outra parte.
  • Repetiremos o proceso cada 3 minutos e repetirémolo ata que a tortilla estea lista.

E cando está lista unha tortilla? Pois depende do gusto de cada un. A moitos gústalle pouco feita, ao estilo Betanzos, e a outros gústalle máis consistente. Ti cal prefires? Coa cantidade de patacas e ovo indicada a tortilla quedería gorda ou semigorda. Agora xa tes as chaves e os pasos para facer a tortilla de patacas perfecta. Disfrútaa.

3. Que tipos de tortilla de patacas hai?

Xa sabes cómo se fan as tortillas de patacas. Aínda que nós somos fans da receita clásica (con cebola ou sen cebola) no mundo existe moita creatividade e imaxinación e ao longo da historia a xente foi engadindo novos ingredientes e formas de preparala.

Unha das máis famosas é a tortilla de patacas sen ovo, que cambia este ingrediente por leite e fariña de garbanzo. O aspecto final é moi similar e o sabor tamén é moi bo.

Outra opción moi extendida é a receita de tortilla de patacas ao forno, que segue o modo de preparación tradicional ata que chegamos ao momento de botar a mistura de pataca-ovo na tixola. En lugar de facer isto, colocaremos un recipiente para o forno circular e quentarémolo a 200º durante algo menos de media hora.

A tortilla de patacas con chourizo é moi popular. Consiste en engadir anaquiños pequenos de chourizo á mistura. Podes substituír o chourizo por xamón, pimentos, cenouras… As posibilidades son infinitas. A tortilla de patacas en salsa é unha forma de aproveitar un anaco de tortilla sobrante preparando unha rica salsa. Podes atopar varias referencias de salsa para tortilla de patacas neste blog.

4. Cantas calorías ten unha tortilla de patacas?

Unha das nosas principais preocupacións é darche claves para que leves a cabo unha alimentación saudable. As patacas son un elemento chave nunha dieta equilibrada, sempre sen abusar, claro. Existen moitos mitos ao redor da achega calórica das patacas. Publicamos un artigo sobre cantas calorías teñen a patacas onde che proporcionamos respostas.

Pero, as calorías dunha tortilla de patacas? Non é unha pregunta fácil de responder. A tortilla de patacas inclúe varios ingredientes (patacas, ovos, cebola ou non cebola, aceite e sal) sendo as patacas o elemento máis calórico. Con todo, a achega nutritiva das patacas é innegable. Xa vos falamos do amidón na pataca.

Para responder á cuestión das calorías que hai nunha tortilla de patacas debemos fixarnos no modo de preparación e na cantidade, as racións que se consomen. Para preparar unha tortilla de patacas debemos fritir as patacas, por tanto, sabemos que a achega calórico aumentará. Hai que ter en conta tamén a cantidade de ovos que levará a tortilla para poder facer os cálculos.

Un dos blogues gastronómicos de referencia en España, Directo al Paladar, achega unha interesante lista con numerosas fontes de valor con información sobre as calorías dunha ración de tortilla de patacas. Por exemplo, segundo a FEN (Fundación Española de la Nutrición), un oitavo de tortilla cun anaco de pan chega ata as 196 kcal. Facendo unha media entre todas as fontes revisadas no artigo, a conclusión é que unha ración de tortilla de patacas ten unha achega calórico de entre 200 kcal e 300 kcal.

Formas de reducir esta calorías? Utiliza patacas recomendadas para fritir, elixe bo aceite de oliva para a fritura e escorre moi ben as patacas unha vez as fritiches. E non te esquezas de facer exercicio e levar un estilo de vida saudable, claro.

5. Cal é a mellor tortilla de patacas de España?

Neste artigo vimos como facer a mellor tortilla de patacas pero, cal é realmente a mellor? As respostas típicas son: “a da miña nai”, “a da miña avoa” ou “a miña”. Ben, deberías saber que existe o Concurso da Mellor Tortilla de Patacas de ESpaña e que na edición de 2018 a victoria foi para Alberto García Ponte, do Mesón de O’Pote, en Betanzos. A tortilla de Betanzos é unha tortilla de patacas pouco feita e ten gran fama en todo o país.

Feita ou pouco feita, delgada ou gorda, cortada en triángulos ou en cadradiños, o que está claro é que non se entendería a nosa gastronomía sen este plato.