Como preparar crema de xudías verdes, patacas e piñóns

Crema de judías verdes, patatas cocidas y piñones

«5 al día» comparte con nós esta receita fácil de preparar, con ingredientes de temporada e adaptada a todos os petos. Aproveita estes días de inverno para gozar da cociña e dos teus con esta crema que, como non, ten a pataca entre os seus ingredientes.

Ingredientes para 4 persoas

  • Medio quilo de xudías verdes
  • Dúas cenouras
  • Un allo porro
  • Unha cebola
  • Dous dentes de allo
  • Catro patacas medianas
  • Piñóns
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra

Modo de preparación

Comezamos quitando as vainas laterais das xudías verdes cun pelador. A continuación cortamos as xudías pola metade. O seguinte será pelar as cenouras, ademais de limpar o allo porro, pelar os allos e finalmente, cortar as patacas. Utiliza as nosas patacas especiais para cocer, o resultado será moito mellor.

Collemos unha pota expresss e metemos todos os ingredientes con sal e un chorriño de aceite de oliva virxe extra. Pechamos a pota, poñemos a válvula e baixamos o lume ao mínimo unha vez esta empeza a dar voltas. Debemos agardar uns 15 minutos, máis ou menos. Hai que deixar saír o vapor por completo antes de abrir a pota. Unha vez chegamos a este punto, toca quitar algo de caldo a un cazo. Facemos isto para poder engadilo despois á mistura para facer a crema. O caldo sobrante podemos gardalo para facer unha sopa.

Poñemos o resultado da cocción na batidora, engadimos un chorro de aceite cru de oliva virxe extra e comezamos a triturar coa batidora engadindo caldo pouco a pouco. Seguiremos con este proceso ata que vexamos que a consistencia da crema é suave.

Xa temos a crema lista! Agora toca gozar dela. Botámola nun prato fondo e engadimos os piñóns como elemento decorativo. Ten boa pinta, verdade? Como vemos, cuns poucos alimentos de tempada podemos conseguir un prato rico, de fácil preparación e que sinta moi ben nos fríos días de inverno.

 

Exit mobile version