Comprar patacas galegas online? Axudámosche

Carrito compra Patatas Conde

Seguro que máis dunha vez quixeches comprar algún produto a través dunha tenda online, botácheste atrás por calquera cuestión e non realizaches a compra satisfactoriamente. Para porcho máis fácil creamos esta publicación na que veremos paso a paso como comprar patacas galegas online na web de patatasconde.com. É moi sinxelo, xa o verás.

Por que comprar patacas galegas online

A compra online ten varias vantaxes. Imos citar algunhas delas:

  1. Compras cando e onde quieres e aforras tempo. Non tes que achegarte a ningunha tenda física para realizar a túa compra. Ademais podes adquirir os teus produtos á hora que queiras. Unha tenda online funciona 24 horas, 7 días á semana.
  2. Podes tomar o teu tempo e informarte do produto todo o que necesites, comparalo con outros produtos similares, etc.
  3. Podes personalizar ao máximo a compra. Escoller as cantidades, o lugar de recepción, o modo de pago.
  4. O teu carriño pode ser todo o grande que queiras, lévanche a compra á casa.
  5. Relacionado co anterior, podes pagar con diversos métodos, os máis habituais son a tarxeta de débito/crédito e a conta bancaria.
  6. Podes controlar o gasto a través do carriño da compra.
  7. Olvídate das colas.

Cómo comprar en patatasconde.com paso a paso

1. Entramos na tenda online de Patatas Conde. Verás que nela podes comprar 3 produtos online -patacas para fritir, patacas para fritir 10 kg e os cachelos (só dispoñibles de setembro a marzo)-. Selecciona unha das opcións.

2. Estamos na ficha de produto. Nela verás que tes información visual do produto e do seu empaquetado, información textual sobre o produto e o seu modo ideal de preparación e á dereita as opcións de compra. Selecciona unha cantidade e pulsa «Engadir á compra».

3. Se pasas o punteiro sobre a icona do carro da compra que aparece na cabeceira da web poderás ver cantos produtos compraches ata o momento. Se xa remataches de comprar pulsa en «Lista da compra». Accederás á pasarela de pago para procesar a compra.

4. Revisa que todo está correcto e se é así, pulsa en «Finalizar compra».

5. É hora de encher o formulario cos teus datos. Precisaremos saber o teu nome e apelidos e unha dirección á que enviar os produtos que adquiriches. Na esquerda podes elixir o método de pago. No noso caso dispós de dúas opcións: pago con tarxeta ou a través de transferencia bancaria directa. Escolle a que mellor se che adapte.

6. En función da opción que elixiras serás redireccionado a unha páxina de pago. Neste punto debes completar cos datos da túa tarxeta se escolleches a primeira opción ou cos datos da túa conta bancaria se escolleches a segunda. Verás que é un proceso moi fácil de realizar. Consello: procura ter sempre a tarxeta a man para completar os datos con facilidade. Outra dúbida clásica: canto che pidan o CVV refírense ao número de 3 díxitos que aparece no reverso da tarxeta.

7. Cando remates o pago pulsa «Continuar» e serás redirixido a unha páxina de confirmación de compra cos datos da mesma. Tamén recibirás un correo electrónico coa mesma información.

E só queda esperar, moi pronto recibirás o teu pedido na túa casa. E si aínda non tes claro que receitas vas preparar, recomendámosche acudir ao noso recetario.

Publicada o
Categorizado como Novas
Exit mobile version