Tenda

Patacas para fritir (caixa 10kg)

Patacas para fritir (caixa 10kg)

18,0063,20

Estas patacas de variedade agria son valoradas polas súas óptimas calidades para a fritura. Patacas fritas, chips, tortilla de patacas… as nosas patacas son ideais para estas receitas.

SKU: N/D Categorías: , , ,
Descripción

Presentamos a pataca para fritir de Patacas Conde neste envase especial de 10 kg. Nesta caixa atoparás toda a esencia da terra en cada pataca.

Trátase de patacas da variedade agria, moi valoradas polas súas calidades óptimas para a fritura. De carne amarela e contido baixo en azúcares. Poderás utilizalas para preparar as mellores tortillas, patacas fritas, chips… A nosa caixa de pataca 10 Kilos leva unha selección adicional no empaquetado final, asegurándonos que enviamos as mellores patacas da variedade Agria. Tamén podes comprar patacas para fritir neste formato bolsa de 3 kg.

Patacas para fritir caixa 10 kg. Características

  • Variedade: Agria
  • Calibre: 45-80 mm
  • Forma dos tubérculos: ovalada alongada
  • Pel fina
  • Cor da carne: amarela

Como preparar patacas fritas?

  1. O primeiro paso será pelar as patacas e cortalas en tiras. Recoméndase nuns 6-7mm de ancho e alto.
  2. A continuación lávanse as patacas en auga fría para eliminar o exceso de almidón, uns 5 minutos máis ou menos. Déixanse escorrer e secar.
  3. Poñer abundante aceite na tixola para que cubra as patacas por completo, e poñela no lume ata que acade unha temperatura de entre 120º e 140º. Recoméndase utilizar o aceite de oliva virxe ou virxe extra (que se poderá reutilizar varias veces). Se non sabemos calcular a temperatura do aceite podemos facer unha proba infalible: bótase un trozo de pan na tixola. Se queda no fondo é que conseguimos os 140º desexados, se sube rápido é que o aceite está xa a 175º.
  4. Unha vez que o aceite chega a temperatura indicada, botar as patacas na tixola pouco a pouco, para que non se arrefríe o aceite se se botan moitas á vez.
  5. Despois da fritura duns 7 minutos, retirar as patacas e depositalas sobre papel absorbente. As patacas deben estar blandas e amarelentas, non douradas aínda.
  6. Subir a temperatura do aceite (que xa colocamos previamente se fose necesario, para retirar anaquiños pequenos de pataca que poideran quedar) ata que acade os 180º aproximadamente (pódese facer a proba do pan de novo). Engadir as patacas e deixar durante 3 ou 4 minutos, o tempo necesario para que se douren por fóra. Quedarán as patacas perfectas, ben douradiñas por fóra e brandas por dentro.
  7. Escorrer de novo e eliminar o exceso de aceite con papel de cociña antes de servir.
  8. Se non se quere perder moito tempo facendo todos os pasos previos pódese realizar unha primeira fritura pola mañá e apartar, por exemplo, e unhas horas máis tarde fritilas por segunda vez para que trisquen.
  9. Salar as patacas unha vez saíron da tixola. Xusto antes de consumilas.
Additional Information
Peso N/D
Caixa

1 caixa, 2 caixas, 3 caixas, 4 caixas