14,69€ – 61,66€
A definición da palabra cachelo é similar en toda a xeografía de Galicia. No entanto, existen variacións no que a xente entende por cachelo dependendo da zona na que nos atopemos. Descúbreas.
Vas comprar cachelos para esa comida da fin de semana que estás organizando pero, sabes de onde vén a palabra cachelo? A definición de cachelo é similar en toda a xeografía galega. No entando, existen variacións, matices no que a xente entende por cachelo dependendo da zona na que nos atopemos.
No interior de Galicia os cachelos son patacas que se cortan en anacos e se cocen con sal e auga. Nos duros tempos da posguerra, os anacos ou cachos da pataca sobrantes do corte de brotes para sementar eran cocidos coa pel.
A acepción máis estendida no interior é a da pataca cortada en anacos, pero cun matiz. O corte non debe ser limpo, senón que debe escachar ou romper. Así é como se consegue o sabor característico do cachelo.
Nas zonas de costa da Coruña e Pontevedra, na coñecida como Galicia atlántica, o cachelo é a pataca cocida con pel en auga e con sal. Admítese a adición dunha folla de loureiro mentres se cocen as patacas.
A variedade da pataca máis estendida en Galicia é a pataca Kennebec. Tanto en Bergantiños como na Terra Chá como na nosa subzona: A Limia. Debido ás condicións climatolóxicas, as características dos nosos solos e os esmerados labores culturais da nosa xente, o produto obtido ten unha calidade culinaria excepcional. Xa coñeces a súa historia, pero para comprar cachelos tamén é importante coñecer as súas características.
Todas estas características están certificadas polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.
Os Cachelos de Patatas Conde están dispoñibles a partir do mes de setembro e ata o mes de marzo.
Os cachelos galegos forman parte de numerosas receitas da nosa gastronomía. A pataca é un dos alimentos máis consumidos en Galicia. Por tanto, é natural dita presenza no recetario tradicional do noso país.
Peso | N/D |
---|---|
Bolsas | 2 bolsas, 3 bolsas, 4 bolsas, 5 bolsas, 6 bolsas, 7 bolsas, 8 bolsas, 9 bolsas, 10 bolsas, 11 bolsas, 12 bolsas, 13 bolsas |