Que facer con patacas? Un repaso ás nosas receitas

Que facer con patacas? Un repaso ás nosas receitas

Receitas
¿Qué hacer con patatas? Un repaso a nuestras recetas

Que facer con patacas? Boa pregunta, verdade? A variedade á hora de cociñar este produto é tal, que moitas veces vémonos atafegados/as e non sabemos que receita preparar. Desde que lanzamos o noso blogue dedicámolo a compartir convosco numerosas receitas con patacas. Buscamos compartir coñecemento e ademais de vender un produto -a pataca- axudarche a gozalo.

Cando temos que elixir que receita con patacas preparar, adoitamos utilizar os dous criterios para decidir:

  • Segundo o modo de preparación da pataca: cocida, frita, ao forno, en puré.
  • Segundo a combinación de produtos: con carne, con peixe, con verduras, con marisco…

A partir de aquí sáennos varias combinacións. Tamén procuramos asentar as nosas referencias nas cociñas galega e española, aínda que nos gusta incorporar algúns elementos doutras gastronomías e innovacións culinarias máis recentes.

Comprendido o noso criterio, para resolver a dúbida de que facer con patacas, imos viaxar por algunhas das nosas mellores receitas. Todas elas están dispoñibles nos diferentes artigos que fomos publicando durante todo este tempo. Desde este artigo faremos un pequeno resumo de cada unha de e enlazarémolas á súa versión completa. Empezamos!

10 receitas para cando saibas que facer con patacas

Cachelos con pel

A receita de cachelos con pel é a forma clásica de preparación na Galicia Atlántica. Necesítase medio quilo de patacas, auga, sal e loureiro. A preparación dos cachelos é moi sinxela. Baséase na cocción da pataca coa pel en auga fervendo durante máis ou menos media hora. A cuestión para ter en conta aquí é o corte da pataca, que non debe ser limpo, senón que debe escacharse.

Cachelos con chourizo

Un dos manxares de Galicia son os seus chourizos. A combinación con cachelos é brutal. Outra receita moi sinxela que consiste en facer unha primeira cocción dos chourizos, retíranse para cocer os cachelos nese mesma auga. Cando as patacas estean a chegar ao momento óptimo de cocción volven engadir os chourizos, mesturando sabores. Unha receita fantástica.

Patacas fritas

Unha das claves dunhas boas patacas fritas é a selección da variedade de pataca a utilizar. A pataca agria é a recomendada para tal fin. As súas características permiten conseguir niveis óptimos de sabor e textura. Outra das cuestións, realizar dúas frituras e manexar ben a temperatura do aceite. A primeira farase a menor temperatura para que a pataca se faga ben por dentro. A segunda terá maior temperatura para conseguir que se douren ben.

Puré de patacas

Se gozas dun bo puré uno dos mellores é o puré de pataca. Só necesitamos un par de boas patacas da variedade Kennebeck, leite, manteiga, sal e unha batedora e obteremos un prato de culler baseado na pataca cento por cento recomendable.

Pescada ao forno con patacas

A pescada sempre atopou nas patacas un moi bo acompañante. A maioría de peixes combinan ben, a verdade. A nosa proposta é pescada con patacas no forno. Que destacamos nesta receita? A importancia do corte da pataca, o bo manexo dos tempos co forno e o uso dos condimentos. Fundamental para atopar ese ‘toque persoal’ da receita.

Guiso de bacallau con patacas

Unha receita de dificultade media pero que proporciona un prato rico en matices, duradeiro (xa que se pode requentar) e moi moi nutritivo. Recomendacións: coida a variedade da pataca e feixe ben o desalado do bacallau.

Tortilla de patacas

Nun longo artigo fixemos un repaso sobre as orixes da tortilla, a súa importancia na nosa cultura gastronómica, o seu valor nutritivo e as diferentes formas de preparala. Quizais sexa un dos pratos máis saborosos que facer con patacas. Quen non coñece a tortilla de Betanzos? Prefires a tortilla con cebola ou sen cebola?

Patacas recheas con carne

Esta receita é moi ” resultona” á vista e na boca é moito máis que iso. Utilizaremos o forno coas patacas e prepararemos a carne, ben picada, cun bo sofrito na tixola. Logo só quedaría facer o recheo mesturando ben carne e pataca.

Polo asado ao forno con patacas

Unha receita clásica. O bo manexo do forno e dos tempos é fundamental para ter un bo resultado con esta receita. O corte das patacas farase en toros finos e xunto ca cebola, actuarán como cama para o polo. Recomendación: xoga cos condimentos para conseguir resultados sorprendentes.

Patacas ao pobre

Unha das receitas con patacas máis recorrentes na nosa cociña. É unha receita tradicional, pero mesmo no tradicional pódese xogar a innovar. Nós facémosche dúas propostas: unha con salsa verde e outra con ovos rotos. Dúas delicias que seguro che encantarán.

E  ata aquí o noso repaso. Xa coñeces un bo puñado de receitas que facer con patacas. Unha vez termines con estas ou se prefires buscar outras alternativas, animámosche a visitar o noso libro de receitas con patacas.