Quen dixo que o saudable e o sinxelo non poden ir da man? Lonxe do que se cre, é posible facer receitas de cociña fáciles e sas sen investir gran cantidade de tempo, e que ademais estean ricas! Hoxe traemos unha recompilación delas.
Guiso mariñeiro con patacas
Se queremos unha receita sa, apostar por algunha con peixe sempre será un acerto. Nesta ocasión utilizaremos luriñas para facer un guiso mariñeiro con alta cantidade de proteínas e moi pouca graxa.
Ingredientes
- 400 gramos de luriña
- Media quilo de patacas
- Uns 4-5 tomates Unha cebola
- Un par de dentes de allo
- Aceite de oliva
- Pementa, pirixel e sal
Modo de preparación
- Unha vez que temos as luriñas, limpámolas ben e cortámolas en anacos.
- A continuación, limpamos ben os tomates e quitámoslles a pel, cortámolos en cruz e escaldámolos.
- Poñemos nunha cazola a cebola en anacos e engadímoslle os tomates xa escaldados. Incorporamos tamén os allos picados e o pirixel. Salpimentamos ao noso gusto e deixamos que sofría.
- Despois duns minutos, engadimos os anacos de luriña e deixamos que se faga a lume lento durante, aproximadamente, 30 minutos.
- Mentres tanto, poñémonos ao choio coas patacas. Pelámolas, cortamos e engadimos ao rustrido. Cubrimos todos os ingredientes con auga e deixamos ferver.
- Por último, só nos queda empratar.
Patacas recheas
Un clásico que, sen dúbida, conta con infinidade de receitas. E non podía faltar na nosa recompilación de receitas de cociña fáciles e sas. Entre as receitas máis comúns atopámonos moitas que se basean en encher as patacas con carne, pero no blogue de hoxe nós seguimos apostando polo rei da gastronomía galega: o peixe, e encherémolas de atún.
Ingredientes
- Cantidade de patacas ao gusto
- Un par de latas de atún en aceite de oliva
- Un par de ovos cocidos
- Pirixel
- Un pemento grande (verde ou vermello)
- Media cebola
- Aceite de oliva
- Vinagre
- Sal
Modo de preparación
- Poñemos unha pota ao lume con suficiente auga e engadimos sal. Deixamos que quenza mentres lavamos ben as patacas. Cando a auga estea quente engadímolas e deixámolas cocer.
- Nunha tixola aparte, sofrixmos a cebola picada e o pemento, picado tamén. Poñemos nunha pota pequena os ovos para cocer.
- Cando as patacas estean cocidas, retirámolas do lume e deixámolas arrefriar. Cortámolas ao medio e cunha culler imos retirando a carne da pataca, tentando non romper a pel.
- Nun prato aparte, ou en calquera outro recipiente, deixamos o contido da pataca que extraemos. Engadímoslle o resto de ingredientes: a cebola e o pemento sofrito, o perexil picado, os ovos en pequenos anacos e o atún. Removemos todos os ingredientes e enchemos novamente as patacas con esa mestura.
- E xa só nos quedaría empratalas.
Champiñóns con patacas guisadas
Unha opción saudable sería engadirlle cogomelos ou champiñóns á túa receita con patacas. Moi fácil e sinxela de preparar, convértese nunha riquísima alternativa se queres fuxir das tradicionais receitas con carne ou peixe.
Ingredientes
- 3-4 patacas medianas
- 350 gramos de champiñóns
- Unha cebola
- Un pemento verde ou vermello
- Un par de dentes de allo
- Pementa moída
- Sal
- Aceite de oliva
Modo de preparación
- Limpamos, pelamos e cortamos as patacas en anacos pequenos. Apartámolas nun prato.
- O seguinte paso serán os champiñóns: lavámolos ben, limpámolos e cortámolos en anacos. Deixámolos tamén apartados.
- Nunha cazola con fondo de aceite de oliva botamos os allos picados e o pemento en anaquiños. Sofreímos todo a lume medio-baixo durante poucos minutos, con 2-3 será suficiente.
- Nun morteiro machucamos o rustrido e engadimos sal. Reservamos.
- Na mesma cazola e co mesmo aceite engadimos a cebola picada e deixamos que se poche a lume baixo. Unha vez estea pochada, engadimos os champiñóns. Un par de minutos despois, engadimos tamén as patacas. Salpimentamos ao gusto e deixamos que se faga durante uns minutos, non máis de cinco. Mentres, imos removendo.
- Engadimos auga á cazola, a cantidade xusta para que se cubran as patacas. Deixamos que se fagan a lume medio e cando se poñan brandas, retiramos.
- Por último, empratamos.