Receitas de patacas ao pobre: como preparalas

Receitas de patacas ao pobre: como preparalas

Novas
Patacas ao pobre. Foto de Ruth Reyer.

Se existe unha receita con patacas fácil de preparar esas son as patacas ao pobre. Un prato moi saboroso do que calquera pode converterse nun auténtico experto. No blog de hoxe traémosche unha serie de receitas con estas patacas que non debes perderte.

Receita de patacas ao pobre en salsa verde

Empezamos este receitario cunhas patacas ao pobre acompañadas dunha salsa.

Ingredientes

  • 700 gramos de patacas
  • Un par de ovos
  • Unha cebola
  • Perexil fresco
  • Un vaso de caldo de polo
  • Fariña integral
  • Sal
  • Aceite de oliva

Modo de preparación

  1. Pelamos e lavamos ben as patacas e cortámolas. Debemos procurar que os cortes sexan máis ou menos do mesmo tamaño para que se fagan por igual.
  2. Poñemos a quentar abundante aceite e rebozamos os anacos das patacas primeiro en fariña e despois en ovo. Cando o aceite estea quente, poñémolas a fritir. Deixamos que fritan uns minutos e dámoslles a volta para que se fagan por ambos os lados. Cando estean douradas retirámolas do lume e deixámolas nun prato.
  3. Poñemos unha pota ao lume cun fondo de aceite de oliva. Mentres, picamos a cebola. Cando estea quente o aceite, botamos a cebola e poñémola a pochar.
  4. Cando a cebola leve uns 5 minutos a lume medio, engadimos a fariña integral e removemos. Esperamos a que espese a salsa. Despois, engadimos o caldo de polo e auga ata que a textura da salsa estea ao noso gusto. Engadimos un pouco de sal tamén.
  5. Engadimos o perexil que será o que lle da cor á salsa. A cantidade será ao gusto, pero cun par de culleradas será suficiente.
  6. Cando a pota rompa a ferver, engadimos as patacas que previamente separamos a un prato. Deixámolas uns 10 ou 15 minutos a lume medio alto.
  7. Por último, xa só nos quedaría emplatar.

Receita de patacas ao pobre con ovos rotos

Outra receita moi rica con estas patacas sería con ovo.

Ingredientes

  • 1/2 de patacas
  • Ovos
  • Un par de dentes de allo
  • Unha cebola
  • Un pemento (vermello ou verde)
  • Aceite de oliva

Modo de preparación

  1. Poñemos unha tixola ao lume con suficiente aceite de oliva no fondo e engadimos os dentes de allo machucados. Deixamos que se douren.
  2. A continuación, engadimos a cebola cortada en juliana e deixamos que se poche. Retiramos os dentes de allo.
  3. Despois dun par de minutos pochando a cebola, engadimos o pemento cortado en tiras. Condimentamos cun pouco de sal. Deixamos a mestura ao lume uns minutos ata que a cebola estea transparente.
  4. Unha vez peladas, lavadas e cortadas as patacas, engadímolas á tixola e cubrimos cunha tapa.
  5. Cociñamos ata que estean tenras, removendo de cando en vez.
  6. Mentres, fritimos os ovos noutra tixola.
  7. Cando a guarnición de patacas estea lista a empratamos e engadimos os ovos rotos encima.

Receita de patacas ao pobre con cebola

Unha receita moi simple con este tipo de patacas é engadirlles cebola. Perfecto para cando non tes moito tempo!

Ingredientes

  • 2 o 3 patacas medianas
  • Unha cebola grande
  • Aceite de oliva
  • Sal

Modo de preparación

  1. Pelamos e lavamos ben as patacas e cortámolas en anacos. Debemos procurar que os anacos sexan máis ou menos do mesmo tamaño.
  2. Nunha pota con abundante aceite poñemos as patacas a cocer a lume medio.
  3. Mentres, cortamos a cebola en juliana.
  4. Noutra pota, engadimos a cebola cortada e deixámola que se faga a lume medio ata que estea tenra.
  5. Cando ambas as cousas estean xa cociñadas, mesturámolas nun bol e engadimos sal e condimentos ao gusto.
  6. Por último, só nos quedaría empratar.