Receitas fáciles e rápidas para a rapazada con patacas

Receitas fáciles e rápidas para a rapazada con patacas

Patacas asadas Receitas
recetas fáciles y rápidas para niños

Cociñar non é só cousa de adultos, aos nenos tamén lles encanta! Ademais, é unha maneira fantástica para que aprendan a comer rico e san mentres se divirten. No blogue de hoxe traemos unha recompilación das mellores receitas fáciles e rápidas para nenos con patacas.

Boliñas de panceta

Trátase dunha receita realmente sinxela e que a calquera neno lle encantaría comer. Por iso a incluímos na nosa recompilación de receitas para nenos.

Ingredientes

  • Patacas pequenas especiais para forno
  • Panceta en liscos
  • Queixo para fundir
    Ourego
  • Aceite de oliva
  • Sal

Modo de preparación

  1. Ponse unha pota ao lume con bastante auga, un chorriño de aceite de oliva e sal.
  2. Lávanse ben as patacas pequenas e póñense a cocer con pel na pota. Deixámolas ata que se fagan.
  3. Unha vez estean cocidas as patacas, deixámolas arrefriar uns minutos nun prato. Cando estean frías ou tépedas, partímolas á metade e retiramos o interior cunha culler. Aderezámolas con ourego (ou calquera outra especia) e mesturamos con queixo para fundir. Volvemos encher as patacas e xuntamos as dúas metades novamente.
  4. Imos prequentando o forno a 180º. Para selar as dúas metades, envolverémolas nun lisco de panceta e asegurarémolo cun escarvadentes.
  5. Metémolas ao forno a 190º ou 200º e deixamos que se fagan ata que a panceta se empezo a dourar.
  6. Por último, podemos empratalas de maneira orixinal, engadindo algunha salsa como maionesa ou kétchup.

Puré de patacas

O puré de patacas é unha receita moi sinxela, baixa en calorías e que achega gran cantidade de enerxía. Ideal para nenos e nenas.

Ingredientes

  • 4-5 patacas medianas
  • 300 ml de leite
  • Medio litro de auga
  • Aceite de oliva
  • Sal

Modo de preparación

  1. Nunha pota, poñemos a quentar abundante auga, cun fondo de sal. Mentres, lavamos ben e pelamos as patacas. Cortámolas en anacos máis ou menos iguais para que se vaian cocendo ao mesmo tempo.
  2. Deixamos cocer as patacas durante aproximadamente 30-35 minutos. Guiarémonos polo brandas que estean.
  3. Unha vez estean, eliminamos a auga sobrante da pota, deixando só un fondo.
  4. Pasamos as patacas polo pasapurés e, na mesma pota, botamos o leite. A continuación engadimos o puré de pataca. Deixamos a mestura a lume lento uns minutos.
  5. Pouco antes de sacar o puré do lume, engadimos un chorriño de aceite de oliva. Removemos ben e deixamos repousar.
  6. E xa teriamos o noso puré de patacas listo.

Patacas recheas de verdura

Unha receita que non podía faltar no noso recompilatorio de receitas fáciles e rápidas para nenos son as patacas recheas, todo un clásico. Neste caso, imos apostar por unha receita máis saudable e encheremos as patacas de verduras.

Ingredientes

  • 5-6 patacas medianas ou grandes
  • Unha cabaciña
  • Unha cebola
  • Un par de cenorias grandes
  • Un pemento grande, verde ou vermello
  • Unha poliña de perexil
  • Especias ao gusto
  • Queixo relado
  • Aceite de oliva

Modo de preparación

  1. Lavamos e pelamos ben as patacas. Colocámolas nunha fonte para forno e prequentamos a 200º. Deixamos que se fagan durante unha media hora á mesma temperatura.
  2. Unha vez estean feitas, deixámolas arrefriar. Cando estean frías, cortámolas pola metade e retiramos en contido do interior da pataca.
  3. Lavamos e preparamos o resto dos ingredientes. Picámolos todos.
  4. Poñemos unha tixola ao lume cun fondo de aceite de oliva e refogamos os ingredientes, menos o perexil, durante uns minutos.
  5. Mesturamos as verduras coa pataca que retiraramos e engadimos o pirixel. Volvemos encher as patacas e as espolvoreamos co queixo.
  6. Unha vez teñamos isto listo, volvemos meter as patacas ao forno durante uns 5-6 minutos para que se fagan á grella. Cando consideremos que xa están listas, retiramos.
  7. Xa estaría listo e só nos quedaría empratar.