Receitas de Nadal sinxelas e rápidas con patacas

Recetas de Navidad sencillas

Achégase a época de festas máis importante do ano, na que se reúne toda a familia e o menú en cuestión para contentar a todos é o tema de discordia. Hoxe traemos unha serie de receitas de Nadal sinxelas e rápidas para deixar a todo o mundo encantado.

Pescada rechea con patacas

Apostar por unha receita con pescada sempre é un acerto, pois é un peixe moi saboroso e nada difícil de cociñar. Se ademais lle engadimos un toque de marisco enchéndoa de gambas, o resultado será delicioso.

Ingredientes

  • Unha pescada grande
  • 200 gr de gambas
  • Un par de patacas
  • 2 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa
  • Salsa rosa

Modo de preparación

  1. Prenquentamos o forno a 180º mentres imos pelando e cortando as patacas e os allos e colocamos todo nunha bandexa para o forno. Salpementamos e aengadimos un pouco de aceite. Deiamos a bandexa no forno arredor de 12-14 minutos a 180º ata que se abranden un pouco as patacas.
  2. Mentres, cortamos a pescada en anacos grandes e pelamos as gambas. Colocamos unha capa de salsa rosa, aínda que se pode utilizar outra salsa ao gusto, coma o alioli, e imos poñendo as gambas xa peladas enriba. Finalmente, enrodelamos o anaco de pescada e aseguramos a presentación cun escarvadentes.
  3. Na mesma bandexa, engadimos os anacos de pescada sobre as patacas e deixamos que estea no forno durante uns 20 minutos a 180º.
  4. Por último, só nos quedaría empratar.

Ensalada vegana con patacas

Unha moi boa e sinxela receita de Nadal para veganos podería ser esta riquísima ensalada con, por suposto, patacas. Neste caso, faremos as patacas cocidas.

Ingredientes

  • Un quilo de patacas
  • 500 gramos de cebola
  • Tomates cherry
  • 100 gramos de millo doce
  • Olivas negras ou verdes
  • Salsa maionesa

Modo de preparación

  1. Pelamos e cortamos as patacas en anacos como se fosen para unha ensalada rusa. Cocémolas nunha cantidade abundante de augra durante aproximadamente 20 ou 15 minutos. Cando vexamos que están feitas, retiramos e deixamos enfriar.
  2. A continuación imos cortando a cebola en xuliana e cortando os tomates.
  3. Nun recipiente aparte, engadimos as patacas xa cocidas, a cebola cortada e os anacos de tomate. Tamén engadimos o millo doce e as olivas, que poden ser verdes ou negras, segundo o gusto.
  4. Cando teñamos os ingredientes xa misturados, engadimos a salsa maionesa (ou calquera outra salsa ao gusto, como rosa, cóctel ou algunha caseira que nos guste).
  5. Finalmente, deixamos repousar a mistura na neveira durante unhas horas, ata que estea o suficientemente fría. Por último, só nos quedaría empratar.